sábado, 21 de diciembre de 2013

Aínda queda camiño, aínda sortearemos máis curvas perigosas, e seguiremos apeándonos en estacións trabucadas. Malia todo paga a pena a viaxe.

O tren virou
na curva perigosa
da dúbida.

Vagou
polas vías trabucadas
da inconsciencia.

Ata deterse
na estación subterránea
da incerteza.


             Ana López.

1 comentario:

  1. E seguiremos vivindo na incertza e collendo camiños trabucados e vagando polas estacions da tristeza, pero as veces tamen atoparemos nalgun apeadeiro ignorado un sorriso prendido nunha silveira ou sentiremos no ombro a dozura dunha man amiga, asi que so por iso, claro que paga a pena seguir a viaxe...

    ResponderEliminar