Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 7 de diciembre de 2013

Malia o último verso espero que o drama non se repita.



XINETES


Os días traen pouco ceo
e un traquelear de ferraduras.

Non se foron nunca do outro lado da porta
estaban agochados agardando o momento
de reescribir a historia.

Nós, aletargados nesta noite longa
mentres impunes abaten a xustiza
ocupan as rúas,selan as bocas, rodean as prazas
acoitelan aos pobres que asaltan os valos.

Teñen o cabalo branco, o arco e as frechas.

Derriba das vidas estragadas
negro,vermello e amarelo
cabalgan.

Repítese o drama.


               Ana López.

1 comentario:

  1. A esperanza de que non se repita permitenos camiñar entre a luz e as sombras dos dias...

    ResponderEliminar