Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 5 de enero de 2013

CARTA AOS REIS MAGOS


Moi respetables Srs. Reis Magos:

A verdade é que  sempre pensei que eran vostedes unha engañifa montada polos tendeiros para vender mercancía.

Nunca me cadrou ben que uns Reis e ademais Magos, lle levaran como regalo para un bebé ouro, incienso e mirra. Excelencias, é que non ten pés nin cabeza, para que quere iso un meniño se por derriba é Deus? Vamos, unha extravagancia, pero como a literatura oriental é tan dada ás grandes metáforas ......

Total, que como nunca se sabe, e este ano as cousa andan moi jodida, póñolles estas catro letras por se se lles ocorrira parar na miña casa. Por certo, non deixo nada para os camelos.

Teño que dicirlles a verdade: méritos non fixen ningún en todo o ano, non me portei nada ben. Infrinxín normas de luxuria a pasto, exceso de velocidade e salto de semáforos, non din limosnas nin recei nada, odio aos políticos ata límites insospeitados, pago os impostos porque non me queda outro remedio, consumo o mínimo posible e así o país nunca tirará adiante.

Se mandara algo aniquilaría o Senado, metade dos politicos e dos sindicatos, metería no trullo a todo ladron aínda que fora parente da Realeza e a todos os golfos sexan de que caste sexan....

Claro, xa sei que con esta franca confesión que lles fago o que me poden deixar será moitísimo carbón porque é o que merezo. Non saben canto lle lo agradecerei porque a luz cortáronnola por impago xa fai tempo e o gas tamén. Entón nunha pequena estufa de ferro que recollemos na chatarra, non inverno non pasariamos tanto frío.

Por se é o caso, saúdoos con moitos respetos e agradecementos de antemán.


PD:  aquí  non busquedes  estrela, guiádevos polo faro da Torre de Hércules.

2 comentarios:

  1. Unha carta chea de xenialidade, áxil, con pinceladas de humor tras das que se acochan a crítica, a crónica social e a visión da realidade en que vivimos, contadas como quen relata un inxenioso conto para maiores.

    ResponderEliminar
  2. Miña querida Gema;esta carta é unha preciosidade dende tódolos puntos de vista,penso que están moi ben escollidas as doses de crítica e humor como dí Concha e a moralexa final o de sacarlle ese partido ó carbón, "non hai mal..." é un remate !PERFECTO!
    Así que miña nena !ESTAS ESCRIBINDO MOI REQUETEBEN!
    Non che queda outra que seguir escribindo, esta entusiasta lectora non pasa por menos.
    Feliz Aninovo.

    ResponderEliminar