Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 23 de enero de 2013

ANIMACIÓN Á ESCRITURA

                                                              





                                             PRÉSTOCHE AS BRAGAS



Aquel inverno fora moi frío, caira a nevada meirande que recordo.
Antes de te erguer xa sabías que nevara pola luz leitosa que entraba e polo silenzo. Era un silenzo coma se todo o tapizaran de algodón que comía os sons. Nada se oía nin se movía. As árbores semellaba pantasmas brancas inmóviles. Só a neve de alfombra e as folerpas que cían tan mestas coma un enorme enxame de bolboretas brancas.

Gustabame ir á escola pero non quitaba que aqueles días de neve non disfrutara. Cando abría unha raiola xuntabamonos todos os nenos para montar batallas “nevales” das que quedabamos todos derrotados, cansos, colorados  e as mans queimando de frío.
Logo nos recuperabamos e comenzabamos o rito de construir o boneco, ben grande.
Cada un podía aportarlle a singularidade que quixera. Había algúns cativos que  sempre se empeñaban en plantarlle unha “pilindra” ben ostentosa. Aí as cativas dabamos en berrar escandalizadas coma galiñas poñedoras e tratabamos de arincarlla pero sempre gañaban eles porque eran máis brutos e descarados.

No medio da trifulca, a miña amiga Puriña caeu de tal xeito que todos lle viron o cuíño colorado coma o dunha mona porque non sei por que nunca levaba bragas. No canto de facer que non vían todos riron escandalosamente mentres ela non sabía onde meterse ou se tapar a cara ou o cu.
Indigneime profundamente por aquela falla de discreción e compañeirismo, arrimeime a ela e díxenlle: “Déixoche as bragas”.
A vida separounos a cada unha polo seu lado pero aínda fai pouco tempo recibín unha carta dela de puño e letra, non unha chamada nin un mail, dicíndome que nunca esquecería aquel “detalle” por moito tempo que vivira. Foi a maior metáfora da amizade, me dicía.

Quedeime a pensar sorprendida e cheguei á conclusión de que Puriña tiña razón, pero á inversa: metáfora a dela por aceptarme o “detalle”.
gema, 23-01-13

2 comentarios:

  1. Fermosisimo e tenro relato.Penso tamén que é unha grande metáfora da amizade.
    Emociónonme.

    ResponderEliminar
  2. Unha divertida llembranza do pasado e unha marabillosa e orixinal metáfora da amizade.

    Sodes aplicadas, inxeniosas, divertidas. Escribides divinamente... Que noxo de amigas!!!!! ( verde estou....)

    ResponderEliminar