Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 23 de enero de 2013

PRÉSTOCHE AS BRAGAS( animación á escritura)

                                !Cousas da Gramática!


Miña nai diría que "son cousas do demo" pero miña filla que é unha persoa estudiada díxome que o demo non tiña nada que ver có sucedido que eran cousas da Gramática; polo visto as palabras queren dicir máis dunha cousa.!Estache boa ! agora sei polo que nos entendemos tan mal , unha fala dunha cousa e os demáis entenden outra!
A Gramática non debe saber aquelo de "quen moito abarca..."
Nembargantes non lle repliquei, anda moi alporizada polo do paro. !Tan fachendosos que estabamos o seu pai e máis eu polo listiña que nos saíra e agora iso non vale para nada.! E unha vergoña o que pasa.Inda se o negocio marchara coma antes...
O caso é que non sei que se lle perdeu á Gramática na nosa mercería.Meu home e máis eu abrimos a tenda hai preto de corenta anos nun baixo pequeno pero moi centrico. El era un home viaxado,fora a Francia a ver unha pelicula que sei que lle dera moitas ideas para o negocio...Faloume de poñer a tenda de roupa interior, dicia que as bragas eran algo máis que un pedazo de lenzo con dous furados para meter as pernas e unha goma na cintura.
As nosa bragas e sosténs tiñan moitos encaixes e cintas e as señoras elegantes da cidade eran as nosas principais clientes.
Có tempo a clientela foi cambeando,agora ven moita xente nova e con poucos cartos, ademais non é por desprezar, pero falan alto e sen pudor da súa intimidade, do "contentos" que se van a poñer os seus noivos cando as vexan coas bragas...
Eu fago por non ouvilas, pero o de onte foi demasiado.
Entraron duas mozas ríndose e falando a berros,queixábanse do frio que facía e unha delas dicia que tiña moito frío ao pescozo. A outra rapaza dixo moi oufana e xenerosa:
-Préstoche as bragas.Sacoas agora mesmo e polas.
-!!!Que!!-dixen fóra de min-Non tedes educación, nin decoro, nin hixiene. !fóra de aqui!
Saqueinas a empurróns mentras se rían como tolas, algo máis querian dicir pero non quixen escoitalas.
Como iba a saber que tamén se chaman así esos rodelos que levan ao pescozo?
!Cousas da Gramática!.

Ana López. 

2 comentarios:

  1. Ana, este título vén dado por conversacións que tiven con amiguitas do Patio. Pensei que puidera ser engorroso pero vexo que non hai nada que se nos resista e tamén que somos as máis aplicadas....

    ResponderEliminar
  2. Inxenioso, divertido, coa sua pinguiña de critica da actualidade e un beliscoe ao pasado, todo sabiamente aderezado da coma resultado un conto delicioso. E por riba aplicada que nos saiu a rapaza!

    ResponderEliminar