Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 20 de enero de 2013

CORRUPCIÓN

Camiña ao raso do inverno
á sombra cega deste tempo
a fera enxendrada no silencio.

A indiferenza aduba as pedradas do poder
cheas de ladróns de tumbas, emperadores,
sabios, reis, políticos e abades.

Levaron impostos ás arcas privadas,
fixeron sobornos, branquearon contratos
e asoballaron a decencia.

A fera malversa a dignidade,
aplasta o xermolo da xustiza,
atranca as horas do porvir
e devora ao home extenuado.

Agóchase nos falsos principios
trala máscara da lexitimidade.

!Este cheiro,
esta fenda nos ósos,
esta náusa!

Ana López.

1 comentario:

  1. Bo e actualísmo poema sobre este mal que nos está malferindo e que comeza a convertirse no pan de cada día. E esta especie de cotidianidade é o que máis "cheira" o que produce máis "náusea" porque é sinal de que non queren ou non saben poñerlle cancelas á esta aldraxe que nos desangra.

    ResponderEliminar