Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 10 de enero de 2013

ALMOFADA DE LUZ

Qué afán leva ao sol a rescatar ó día
percorrendo a cara oculta da lúa
trala maleza de grises desta choiva
que garda o río das horas?

Qué afán leva ao sol
a engañar a máscara do tempo
acendendo menceres solidarios
cómplices da noite?

Qué afán leva ao sol
a pintar arco iris nas nubes 
como un pacto de amor
entre os homes e o ceo?

Qué afán leva ao sol
a ser a almofada de luz deste futuro
preso e sen estrelas?


Ana López.

3 comentarios:

  1. Lévao o afán da ESPERANZA.

    ResponderEliminar
  2. !Unha almofada de luz onde pousar o soño da esperanza!
    É moi teimudo o sol e vai saír cada día, non hai cadea que o amarre á noite.

    ResponderEliminar
  3. O sol sae cada día marcando o noso tempo.
    Para aledar o noso ánimo...? Para alentar a nosa esperanza...? Para contemplar as nosas mágoas, a nosa canseira...? Para obrigarnos a seguir o camiño...? O caso é que el permanecerá aí cando nós xa non esteamos... E seguro que non nos a botar en falla... Porque estarán outros e el , a pesar da súa luz, é cego para recoñecer a terra que alumea.

    ResponderEliminar