Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 5 de enero de 2013

NOITE DE REIS

Entramos empurrados a un tren que non ten saídas de emerxencia.
As ventás non deixan ver con claridade a paisaxe.
Nos corredores os latidos dos vagóns fan tremer ao silencio.
Ninguén sube nin baixa.
Nembargantes, máis alá da medianoite, pode que se escoite o soño dun neno que nos esperte a todos.
Debemos seguir a viaxe.
"Próxima estación Esperanza".

Ana Lopez.

1 comentario:

  1. Ogallá sexamos quen de nos apear nesa próxima estación chamada Esperanza...
    Fermoso texto Ana.

    ResponderEliminar