domingo, 2 de diciembre de 2012

CONTO DE NADAL

Acércase o Nadal. Nalguns fogares teñen o costume de gardar as figuriñas do nacemento envoltas en papeis de xornais, metidas en caixas de cartón que depositan nun armario, soto ou desván, ata o próximo ano.
Onte houbo un traslado da caixa nesta casa, e leva toda unha noite na mesa do salón. Este ritual é de sobras coñecido polas figuriñas de barro, e saben que está moi próximo o día en que luzan esplendorosas no nacemento.
Con todo agarimo a dona da casa vailles quitando, un por un, o mantiño de papel que os cobre e limpándolles o po con un trapiño suave para non mancalos.
Dúas destas figuras están este ano inquedas:a mula e o boi.
_Xa está aí- dí a mula- xa verás como este ano no nos saca o papel.
_Anda, deixa ,deixa...xa estás ti coas tuas lerias- contesta o boi.
_!Dígocho que o oin na radio un dia que se lle esqueceu pechar a porta, o Papa quere desahuciarnos, pégouselle o dos bancos, polo que se ve.
_Quita, quita!, pero se nós somos unha parella famosa: coma Sansón e Dalila, David e Goliat, que sei eu !imposible!
_Munudos exemplos, só se che esqueceron Cain e Abel...
-Escoita,  o Papa anda moi preocupado cós cordóns isos que sei que son malos para a saúde.
_ !Condóns ignorante! e non son malos para nada.
_Bueno, como se chamen ¿tamén o oiches pola radio?
_ Agarda...paréceme...!si,estame desenvolvendo ,e sácame o po!Este é bo sinal.
_Ves mula,xa che dicia eu que ela ao Papa nunca lle fixo moito caso...

Ana López.

2 comentarios:

  1. Esa ama de casa é sabia. Eu non teño nada que alegar sobre o Papa porque non pertenzo ao seu clube pero de todos xeitos, cando oín a noticia pensei que iso era unha ignorancia papal, despistóuselle o paxariño da información: ou non lembra el que María se puxo de parto cando ía con Xosé empadroarse. E non ían nun burro???
    Se mal non recordo...

    ResponderEliminar
  2. Moi inxenioso, gracioso e oportuno como xa ven sendo habitual nos teus escritos.

    ResponderEliminar