Se ha producido un error en este gadget.

martes, 4 de diciembre de 2012

O TESOURO

Na bolsa da nai
entre chícharos e froita,
asomaban os grelos máis fermosos do mercado;
nun recuncho, o meu tesouro:
un boliño de pan gramado
e un conto de fadas.
! Canto amor naquela bolsa a cadros!

Ana López.

2 comentarios:

  1. E que ledicia aquel pan gramado das feiras .....

    ResponderEliminar
  2. Cantos recordos me traen os teus versos... O pan gramado en forma de corno ou de piña... Aquelas fadas dos contos coas súas aiñas e a súa variña máxica...
    Vou pechar as portas do armario das lembranzas , non sexa que saian todas de golpe e quede orfa da nena que aínda vive dentro.

    ResponderEliminar