Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 30 de diciembre de 2012



fokos_foto1.jpg


         TEMPO

 

O tempo non ten ollos,

non ve o musgo que medra na ventá

onde pendura o espello

que ninguén mira.

Non ve as bonecas de cartón

coa cara cuarteada

e os traxes desvaídos pola luz.

Enche os cuartos de seres diminutos

de ollos enormes.

Fai do po efímeras esculturas,

sementa cinza na melena.

Para que quere ollos o tempo

se non sabe a onde vai?

 
Gema, 11-02-09

2 comentarios:

  1. Non sabemos de certo se o tempo ten ollos pero seguro que ten pernas, hai que ver como corre cara a ningures deixando pegadas inquietantes...
    Precioso poema.

    ResponderEliminar
  2. O tempo fai sucos na pel, sementa , como di o teu poema, cinza no pelo e condúcenos cara á nada...

    Fermoso poema. Conecto con el porque para min o tempo é un enigma iquedante e unha das miñas teimas...

    ResponderEliminar