Se ha producido un error en este gadget.

martes, 18 de diciembre de 2012

21 - 12 - 12


Acábase o tempo, son horas as que quedan para outro fin do mundo. Eu no último aínda era pequena e predicárono na igrexa, como non. Miña nai levabame á misa e lembro que dende que saín de alí pasei a dor de barriga máis caralludo que lembro. Medo, puro medo físico, visceral. Como era pequena non constatei que o mundo non se acabara para que me servira de experiencia. Logo viñeron outros e o último debeu ser o do 2000. Ese xa non me asustou nadiña, aló cada quen cos medos que goste de cultivar, eu os imprescindibles, case ningún. Para que?

Bueno, pois agora, xusto o día antes de que toque a lotería, para máis joda, outra vez.

Avísovos para que nas horas que quedan, sempre que queiredes, fagades unha investigación exhaustiva de por onde pode quedar aquí na Coruña, algo así coma un bunquer que anos atrais, para outro fin do mundo houbo xente que preparou e que ten pensado meterse alí.

Eu se queredes douvos máis pistas porque o oín no radio e colaboro co que necesitedes pero dentro non vou. Non quero saír e ter que vivir nun mundo máis devastado que o de agora e sobre todo sen televisión nin ordenador.....
 
peterjojaio 3 EL ESTAFADOR #144: EL FIN DEL MUNDO

3 comentarios:

  1. Eu non lle penso dar un euro "ao sumo hacedor" non se merece prima ningunha anda moi dasatento e menos este ano... en segredo!VAIME TOCAR A LOTERÍA! espero que non se lle ocurra ningunha nova "proba de amor" Deus ten cada cousa!
    Aos amigos vounos convidar a unha cea, queda aquí asinado.

    ResponderEliminar
  2. Mirade, eu teño un pacto con deus "que non me moleste e eu a cambio non lle vou dicir que non existe" Así que non lle vou botar a culpa dos meus males nin do desastre en que outros nos meteron...
    En canto á fin do mundo, penso que a pesar do empeño que están poñendo os que o dirixen en que se acabe non o han conseguir...de todo... Algo vai quedar... O amor, a amizade, as ilusións aínda que un pouco esnaquizadas...Pero volveremos xuntar os anacos . Xa o fixemos tantas veces...Temos tanta práctica que ao mellor ata o volvemos conseguir...

    ResponderEliminar
  3. Ben, chicas, vexo que non tedes nin un pouquiño de medo. Anda que se se acaba ......

    ResponderEliminar