Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Furados dos soños

Como en los sueños,
detrás del rostro que nos mira no hay nadie.
                                                                             Jorge Luis Borges.



No fondal ocre da memoria
poúsanse os nomes que se escaparon polos furados dos soños
e palpitan nas liñas do tempo;

as rúas que non volveremos a camiñar,
as casa brancas que non habitaremos nunca,
as portas que se pecharon,
as ventás que non se abriron,
os días abafantes en cuartos escuros,
as voces estrañas, e as risas das máscaras.

Veñen do máis alá da noite,
onde cada mencer morren os camiños,
as árbores dan cobixo á sombra
e os anxos gardan as palabras.

Son siluetas evanescentes
que se deslizan polos laberintos da nebra
atravesando a realidade
ate se convertir en nada.

Ana López.

3 comentarios:

  1. Bonito poema aínda que neste día gris e dolorido, ponme triste.

    ResponderEliminar
  2. !Nin bonito nin o ca...!Non quero verte triste, ti es un ser de luz,no pais dos soños e na realidade.
    É Nadal, e os corazóns están ilusionados e eu participo desa ilusión,temos a tenrura e o amor preto de nós, asi que abre ben os ollos o grís tamen ten as súas cousas.
    Alégrate, a vida non ten prezo e !estamos vivas!

    ResponderEliminar
  3. Fremosísimo poema que ademaís dime tantas cousas... Deseferruxa a memoria e pon señardade no corazón.

    ResponderEliminar