Pechar o tempo
nas cuadrículas do calendario
para velo.
Engaiolalo nos reloxos
para medilo,
para cristalizar a vida
pero a vida é latexo.
Cada volta de 365 soles coas súas lúas
chámaselle ano
para nomealo.
Ano Novo:
Uvas, balbordo, copas,
desexos, promesa, propósito…
Pasa o tempo coma un río sobre a pel
en orbitas de ablaíña arredor da lámpada
e deixa apenas pegadas
do po das súas ás.
Pasa o tempo?
Pasamos nós ?
gema, 31-12-11
Abofé pasei tempo colocando esta entrada e toda me saiu escagallada.
ResponderEliminarSerá unha predición de terremotos, viaxes, axitación, danzas, desvaríos......?
Miña querida amiga espero contar coa tua amizade nesas 365 cuadriculas do calendario.
ResponderEliminarConta conmigo.
! FELIZ 2012!