viernes, 16 de diciembre de 2011

POEMA A UNHA FORMIGA

_    Escribir un poema a unha formiga. Pero que burrada é esa ?

Escollíchelo ti, escollíchelo ti. E logo que fai o pasmado do profesor que non che di que iso é

unha parvada?  Seguro que pensando na organización da próxima folga porque os fan traballar moitas horas. Moitas horas......¡¡¡¡¡¡ Habían saber o que é traballar de verdade...¡¡¡¡¡¡ E por derriba irresponsables ? A ver cando se viu que todo un Sr. profesor de LI-TE-RA-TU-RA lle permita a unha alumna escribir un poema a unha formiga? Un poema escríbeselle á lúa, ao mar, á patria,a algo sublime, vamos. Pero non a un ser tan inútil, invisible, irrelevante, antipático , rastreiro e minúsculo coma unha formiga.
  E seguiu voceando polo corredor adiante cara á cociña para cear.

 A rapaza tan pronto quedou soa botouse a chorar pola falla de sensibilidade de un home tan grande coma seu pai.

   gema, 10-12-12

No hay comentarios:

Publicar un comentario