viernes, 9 de diciembre de 2011

CONTO DE NADAL



Eu sabía que esa noite era festa, na escola falárannos moito dela.
Nas casas dos amigos mataban un polo. Non era costume degolar e desplumar un polo a esa hora, a verdade a ningunha hora, eran tempos de patacas.
Os amigos contábanme coitas, sabía que os agarimos desa noite non eran cotiás.
Despois de xogar voltei á casa. Faltaba o pai.Seguramente por iso miña nai non mercara un polo.
Acariñoume cando me chamou. Ó entrar na cociña souben o que era o Nadal.
Tamén era festa !había albóndigas para cear !
Ana López



1 comentario:

  1. Ana o teu conto é coma un tren que corre cara atrás no tempo e nos deixa ver a través das súas xaneliñas a casa á que unha vez pertencimos e á que non fondo sempre pertenceremos...

    ResponderEliminar