viernes, 30 de diciembre de 2011

PROPÓSITOS PARA ANINOVO

¿Como habríamos de poder olvidar esos antiguos mitos que están al comienzo de todos los pueblos...?
Rainer María Rilke

Hei de seguir palpando o vento,
abrirei as mans, bolboretas rotas,
aos corazóns pechados.
Hei de abrir os ollos nos espazos nubrados,
descubrir o que se agocha no escuro
da linguaxe das sombras.
Hei de seguir sorbendo imposibles,
no doce tempo calado e calmo
da insumisa soedade.

Ana López

2 comentarios:

  1. Sorber imposibles alimenta a alma

    ResponderEliminar
  2. Grazas Ana por terme mandado un día este fermoso poema e deixar que o continuara. O camiño foi doado porque só tiven que seguir as túas pegadas...

    ResponderEliminar