Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 9 de diciembre de 2011

LÚA SOA

imagen google
                            


Soan alarmas de melancolía,

sereas por incendio espontáneo

en secano de  herbas adiadas nas esquinas

da alma.

Sabor a fume agre
pegado na boca do estómago.

No devalar da tarde

unha lúa soa

coma un verso.

          Gema, 08-12-11

4 comentarios:

  1. ! Que fermosura de poema !
    ! Que esa lúa alumee versos coma estes sempre !
    Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, es unha comentarista moi agarimosa.

    ResponderEliminar
  3. Gústame moitísimo o de "herbas adiadas nas esquinas da alma " En realidade gústame todo o poema , pero máis a primeira estrofa. Será que levo moitas desas "herbas adiadas" nas esquinas dalgún impreciso lugar...do meu eu máis profundo

    ResponderEliminar
  4. Para min que esas herbas hai que queimalas algún día para transformalas en fino perfume.

    ResponderEliminar