sábado, 3 de diciembre de 2011

sábado 3 de diciembre de 2011


Andarego

A Ánxeles, que me prestou os pés esa mañá.


O tempo
levaba paso repousado e alento apacibre
cando me encontrei contigo.
A mañá despregouse
e camiñamos a rúa cós teus pés.
Tiñas que mercar un agasallo,
entramos na tenda de sombreiros.
Nos escaparates apagados da nostalxia,
asomaron instantes entre os xuncos da memoria.
Pingas de amor na fondura do tempo.
Vin o meu andarego
vestido de sol e vento, asubiando á vida.
Camiñaba a incerteza con zapatos de luxo.
Espantando o futuro coa á do sombreiro.

1 comentario:

  1. Eu quero que alguén me preste palabras para escribir poemas de zapatos de luxo, e de sombreiros con aba de luz, e da nostalxia dos escaparates , e de rúas de cor anil, e de nubes de almidón...Porque quedei engaiolada dentro dos teus versos miña querida Ana.

    ResponderEliminar