jueves, 1 de diciembre de 2011

ÁS ROTAS

Cuerpo del mensaje

Entrabas na noite
coas ás rotas polos puños da vida,
protexido por un saco de derrotas.
Xa non voabas alto, xa non voabas lonxe,
quizais un voo de amor alado aniñara no peito,
de cando as sombras non te tiñan perdido.
Arrastrabas a lousa da existencia
atravesando as frías paisaxes da miseria.
No trasego da mañá
ninguén reparou na tua "branca palidez",
eras un vulto inmóbil que atrancaba o portal.
Non sei se algúns ollos encontraron os teus
antes de que a gran dama te levara con ela,
poñamos por caso, ás cinco da mañá.
Se acompañou o calor dunha mirada
o frio que che rompeu o corazón.
Tardaron horas en levarte,
e tampouco estrañou o teu saco baleiro,
as miradas esvaraban sen deterse.
!Era unha imaxe tan habitual!
Ana López

2 comentarios:

  1. As miradas, Ana, non ven o que non queren ver.

    ResponderEliminar
  2. Precioso e emotivo poema Ana. Hai tenrura, solidariedade , denuncia e gran sensibilidade nas túas palabras.

    ResponderEliminar