jueves, 15 de diciembre de 2011

HOXE O MAR

Hoxe o MAR
cubriu a praia
de espeso esperma,
correu polas beirarrúas
coma unha besta en celo
bramando, piafando, tusindo escuma,
erguía as crins brancas
peiteadas polos longos dedos do vento,
arquitectura efímera.
Fachendoso da súa potencia bravía
ofreceulle á TERRA
unha coroa de sete colores.
O mar sobre a terra
a terra no mar
o mar arredor da terra
a terra no mar
o mar contra a terra
un contra o outro
o mar sobre a terra.
A TERRA co MAR.
  gema, 15-12-11

Caballo blanco

4 comentarios:

  1. ! Que fermosa oda a beleza e a forza indomable do mar !! e que imaxes!
    ! Encántame !TERRA e MAR ! Si parece un apaixoado encontro amoroso!
    A foto tamén é preciosa.
    Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Gustame o poema. Reflicte moi ben as forzas desatadas da natureza. Pero eu suprimirialle a ultima estrofa. Pareceme unha aclaración innecesia que lle resta lirismo.
    (Este aparello discrimina o galego e non pon tildes)

    ResponderEliminar
  3. Si. Eu vexoo mellor. Dis o mesmo pero sin intención de aclarar . Aquí cumprese o de..."menos é máis."

    ResponderEliminar