viernes, 9 de diciembre de 2011

CONTO ANÓNIMO

Faltabame por traer ao PATIO o terceiro dos meus animais: Inés.
Guapa, guapa e lista.
Chámame mamá, enternecedora. Tamén di papá, ola que tal, guapa como estás, toma, coco, mala, fea......... En fin, ten un ámplio vocabulario.



HOXE ATA ME CONTOU ESTE CONTO:





Atopáronse nunha cafetería un francés e un americano que mascaba chicle e tiña ganas de falar.

Preguntoulle ao francés: oes, vós cando comedes pan, comédelo todo?

-       Si, claro, díxolle o francés.

-       Nós só lle comemos o molo, di o americano. O resto botámolo nuns contenedores e nunha fábrica tritúrano e con iso fan boliños para vender en Francia.

-       E ás chuletas ? Sigue preguntándolle, comédeslles todo  ?

-       Si, di o francés.

-       Ai non, di o americano. Nós comemos a carne, a grasa e iso vai a uns contenedores para unha fábrica onde trituran todo e con iso facemos unhas chuletiñas que se venden en Francia.

O francés xa picado dille: e vós que facedes cos condóns usados ? -

      -Pois tirámolos, claro.

      - Ai, nós non. Botámolos en contenedores e van a nunha fábrica onde os trituran e así fabricamos chicles para vender a EEUU.





    

1 comentario:

  1. Ha ha ha ha ha.......... Onde aprende esas historias a túa Inés?

    ResponderEliminar