jueves, 29 de diciembre de 2011

CONFESIÓN

Onte, unha amiga de meu díxome algo que me obrigou a autoflaxelarme? durante boa  parte da noite:
Estou imcumprindo notoriamente un dos puntos fundamentais da existencia deste blog -
XOGAR COA LINGUA ESPECIALMENTE A GALEGA, a nosa, a de leite, a dos antergo, a da terra.
Aínda que falabamos entre copas de amizade, tomarei ben en serio a observación porque por derriba
para por se se quere, aquí no blog, poetas galegos somos moitos ......... e bos.
Así que fago acto de contrición, propósito de enmenda e espero a absolución.

Como oración vou engadir un dos poemas que desde sempre forma parte do ADN da miña alma.

DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro

1 comentario: