martes, 20 de diciembre de 2011

AIRE DE MEDO

Pide Millás urxente catro versos cabreados.
Tal vez non estea a altura das espectativas pero eu si que teño eses versos cabreados, gardados ata agora na contratapa dun caderno:


Cabalos negros gallopan
e acenden cos cascos
o aire do medo.
Ole sangue de bandeiras totalitarias.
Apáganse inocentes miradas negras
baixo as palmas de brancas mans .
Puños de metal pechan bocas famentas.
Mans baleiras
e pés nus arrástranse no po seco do camiño.
Caballo de carreras
Ulo o deus do maná?
Ulo se multiplican os pans e os peixes?
Ulo a arca de Noé para recoller os náufragos?
gema, 20- 12- 12

3 comentarios:

  1. !Precioso Gema!É certamente un poema "cabreado" dos que se precisan, e quere Millás.
    Eu sentin que non fora moi considerada có "espirito Navideño" que podia molestar a alguén, e suprimino. A ti vexo que te motivou a rescatar esos marabillosos versos. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Ana, es sempre moi xenerosa.
    Como digo o poema estaba na tapa dun caderno, creo que agardando que o chamaran....
    O do espírito...a min tráema bastante ao pairo, mesmo chega a soliviantarme pero polo outro lado está a tradición, as lembranzas familiares e a ocasión de estar con case todos os que máis queres.

    ResponderEliminar
  3. Certamente volven os tempos de "cabalos negros" Bo poema Gema!

    O que verdadeiramente molesta é que "o espíritu navideño" sexa ,ás veces, unha tapadeira egoista para tapar o lixo de milleiros de inxustizas desta sociedade nosa.

    ResponderEliminar