Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 27 de abril de 2014

POR QUES E COMOS

Posted on 20/04/2014
 O outro día lin a receita do mestre Víctor Frankl para atopar un sentido á túa vida. Frankl foi un famoso neurólogo e psiquiatra que ademais sobreviviu a varios campos de concentración.

Os seus ensinos parecéronme impresionantes. El falaba que só existían tres formas de atopar un sentido á vida e encher o baleiro existencial que ás veces nos invade?.

A primeira forma para atopar ese sentido era a creación dunha obra ou un proxecto que nacese de nós mesmos? A segunda era a vivencia de valores nos que creas totalmente, en especial amar a outra persoa? E o terceiro xeito e a máis incrible era a terceira forma da que falou o Dr. Frankl para atopar sentido á vida era o  sufrimento  Pero non o sufrimento porque si, senón o sufrimento inevitable.. E nese sufrimento inevitable aparecen as oportunidades de facerlle fronte con dignidade e cun propósito?

Non teño dúbidas de que este superviviente do Holocausto sabe do que fala e no seu sufrimento atopou parte da súa sabedoría e como dicía Nietzsche: Aquel que ten un por que vivir pode enfrontarse a calquera como??

¡¡Feliz domingo cheo de moitos por qués e poucos cómos?!!
Albert E.

No hay comentarios:

Publicar un comentario