Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 28 de abril de 2014

Miñas donas, meus señores; rematou o tempo de lecer, así que tomade o último grolo do café que anda a debuxar corazóns no fondo das cuncas e! todo o mundo o PATIO! . Imos erguer un maio que chegue ata o ceo por ver se así Deus nos escoita e nos bota unha man aos humanos que andamos algo perdidiños no medio de tanto lacazán solto polos despachos. Traede cousas fermosas e palabras doces e faremos guirnaldas con elas, valen "chuches" de todas as cores, figos, roscos e flores de todas clases; margaridas, rosas, lirios...!que sei eu ! Pola miña parte levo estas cantigas para cantar ó redor do maio.

Aí vos van...

CANTIGAS DOS MAIOS


         I
Por aí vén o maio
con traxe de gala
vai bailar co sol 
á porta da casa.

        II

Deixarei abertas
portas e ventás
para que na casa
poida maio entrar.

          III

Vai nacer o maio
nos raios do sol
trae bicos e abrazos
no seu corazón.

         IV

Vou erguer o maio
ás portas do ceo
para que Deus garde
aos que ben queremos.


           Ana López.

2 comentarios:

  1. VEÑA, ANA, ÚNOME A TI: QUE AS FLORES, OS CORAZÓNS COMA SOLES, OS AXÓUXERES COMA CORAZÓNS, OS RISOS COMA ROSCOS E AS MANS ENLAZADAS ESTEAN DISPOSTAS PARA ESA CELEBRACIÓN ¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. ...e a cantar ben alto !

    Conxuremos a tristura aínda que turre por nos amolar.

    ResponderEliminar