Se ha producido un error en este gadget.

martes, 8 de abril de 2014

A ROSA DO CAMIÑO


           
Á rosa do camiño chámanlle silvestre


non ten apelido,nin sementada foi,

é bastarda dun descoido.

Case non ten espiñas disuasorias.

Se algún desocupado repara nela

queda preso do seu arrecendo.

Vive de seu no silencio, á beira do camiño,


aberta ao orballo e á choiva.

Só precisa da luz do sol.

É silvestre.


Gema, 08 -04- 14



1 comentario:

  1. A rosiña precisa do sol e este Patio da túa voz.
    !Vaia por Deus saíume un ripio asqueroso!

    Hoxe luce un sol expléndido e as roseiras seguro que brincan.

    ResponderEliminar