viernes, 22 de noviembre de 2013

A flor

ser unha flor
de pétalos brillantes
adornando un xarrón

sen que o frío e o vento asolase

vestir as cores do arco da vella
na soleira dun diáfano amencer

agochar baixo as pedras a emoción
esquivar a sombra que se desliza no grís

falar polo baixo
con palabras de mel

camiñar paseniño

ai
non!


            Ana López.

3 comentarios:

  1. SEGURO?
    Non te imaxino falando polo baixo nen sendo unha flor de invernadoiro miña amiga.



    ResponderEliminar
  2. Por que non se ao cabo es flor ....

    ResponderEliminar