Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 25 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO

google

           RENACER


Renacín
de entre os cascallos
do meu propio derrubo.
Á forza de crerme
amasando a alma en bágoas.
Á forzade quererme
con amor prohibido polos deuses.
De vestirme
con aromas de respecto,
por ter nacido para ser libre.
Con forza
arrinquei a venda que preme
e manca a mente.
E voei
coma as garzas por ceos vedados.
Sempre fora así.
Pois NON, blasfemei.
E voei
sobre os cascallos
do meu propio derrubo.



gema, maio 2007

No hay comentarios:

Publicar un comentario