Se ha producido un error en este gadget.

martes, 26 de noviembre de 2013



CARNE Ou FERRO

 O outro día no tren unha parella ía camiño de Madrid.  De Barcelona a Zaragoza, ela reprochoulle a el a todo volume as razóns da ruptura.  De Zaragoza a Madrid, el replicou, case berrando, todo o que lle dixera.  Diría que gritaban tanto que non só captaron a atención do noso vagón senón de todo o tren enteiro-

Cando estabamos a piques de chegar a Atocha, o home que eu tiña ao lado e que rozaba os 85 anos, rosmou:  Farán as paces antes de que o tren chegue.  E xusto cando o tren freaba, 
 miráronse, bicáronse e abrazáronse.
 Observei ao home do meu lado intentando comprender como o pescudou e díxome: A xente fíxase demasiado nas palabras e tan só son unha chea de vocales xuntas, un son que as persoas emitimos e que non serve de case nada  . A xente fala pero xamais hai que escoitala.  Só sentir o son da súa pel-  E o son das súas peles prognosticaba ese final.

E non engadiu nada mais e marchouse.  E de súpeto veu á miña mente aquela incrible frase de Freud: Estamos feitos de carne pero temos que vivir coma se fósemos de ferro.
Boa semana ¡¡
A. Espinosa.

Eu, persoalmente, aposto pola carne aínda que doa. gema


No hay comentarios:

Publicar un comentario