lunes, 18 de noviembre de 2013

NADA NOVO DO OUTRO LADO

google



Esta semana topeime cun colexio que estaba no descanso dunha excursión. Discutían sobre a que xogar e acabaron facéndoo a un xogo que se chama a araña.  Trátase de colocar a uns cantos nenos no medio de dous grupos que están a cada lado.  E os nenos do medio son a araña e han de atrapar aos que queren pasar dun lado a outro.  Se che  topan ou  te atrapan, has de quedar no medio e convérteste  tamén en araña.
Era divertido ver como aos poucos, case todos os rapaces que intentaban pasar acabábanse transformando en araña?
Cando tan só quedan dous nenos libres e uns 50 facendo de araña,  un home que tería uns 80 anos e que tamén observaba o xogo dixo:  Este xogo reflicte o que é a vida.  Se te atrapa a rutina convérteste  nun máis e desexas atrapar a máis xente na rutina.  Para non ser pillado, debes ser moi áxil e sobre todo non desexar sempre cruzar  ao outro lado.  Case nunca hai nada novo ao outro lado .....
Non dixo nada máis.  Ambos nos quedamos mirando ese final de xogo pero agora sentindo unha emoción que segundos antes non existía e eu tendo a sensación que o home do lado xamais fora atrapado.  Feliz semana ......
A. Espiñenta


No hay comentarios:

Publicar un comentario