Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 9 de noviembre de 2013

! AI DOLORES !

foi moza algunha vez
percorreu o amor
espida pola alba?

non agocha ningún soño
nos pregues da almofada?

esa voz detida na mentira
levou nun tempo o son cantareiro
da auga dun estanque?

traería ó nacer o sorriso da serpe
có que asoballa a realidade?

volverase atordada
a contemplar a desgraza sementada
a través do espello dun ocaso?

poderá penetrar un anxo
o corazón da pedra
ou terá que desterrar
a esperanza?

             Ana López.

3 comentarios:

  1. É un poema moi íntimo pero sinto que me penetra ata o estremecemento.

    ResponderEliminar
  2. E a min que me parece que o poema alude a un personaxe publico de nome Dolores....

    ResponderEliminar
  3. !Ai Dolores! Si Concha é esa Dolores , altiva e mintireira.Costa vela na idade da inocencia ¿non?
    Certamente Gema os personaxes públicos estremecen.
    Grazas as dúas.

    ResponderEliminar