Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Gatos

Non foi así como pasou.
As historias non comenzan nin rematan cando se fan públicas, se cadra alguén non reparou polo miúdo.
Nunca tiven un teito de meu, durmo onde cadra e sei como tapar a fame. As bolsas do lixo nan teñen segredos para min, o olfacto nunca me falla.
Có meu esforzo e algunha maña herdada botara da zona aos competidores.
Convertinme no amo daquela beirarrúa.
De súpeto empezaron a pasar cousas...Cando me achegaba polas mañás, as bolsas estaban abertas e faltaban as mellores pezas.
Non podía durmir tranquilo, troqueime nun axexador. Cada día erguíame máis cedo para descubrir ao ladrón.
No amencer agocheime detrás do valo que separaba os contedores: orellas de punta, rabo teso, mirada de lume, unllas fóra...Non agardei moito tempo, alí estaba o que me quitaba o sono.
Antes de se decatara xa lle arrabuñara os ollos.
Agora andan na miña procura,queren envelenarme, din que son un perigro para a saúde da xente.
Non sabía que os homes precisaban abrir as bolsas do lixo para poder comer.
Iso só o faciamos os gatos.

                  Ana López.

1 comentario:

  1. Bonita historia con toque de reflexión e de gatos como a min me gusta.
    Vou a ver se o teu exemplo me arrinca da miña mediocre inmobilidade e me poño a escribir algo que non sexa copiado porque estou convertida nun parásito chupótero..

    ResponderEliminar