jueves, 20 de junio de 2013

OFICIO


Á atención de Baku; señor devorador de soños. (e outros...)

EXPOÑO
Mediante o escrito a denuncia do seu absoluto abuso de poder que está dando lugar a unha serie de graves acontecementos que poñen en perigro a vida de moitisimas persoas.
Oculto pola máscara dunha lei inxusta roubou os soños que sostiñan a esperanza, peza insustituible para poder exercer dignamente a nosa condición humana, convertendo o mundo nunha cloaca.
É a súa obriga facer o camiño de volta e transformar máis pronto que tarde en  fermosos soños os pesadelos.A súa conducta é incalificable e a náusea xa desborda todas as canles da decencia.
Se sale de detrás da outra cara da lúa onde se agocha poderá ver millóns de imaxes de vidas esnaquizadas producto do seu apetito desmedido.
ESIXIMOS
A devolución inmediata dos soños que nos robou impunemente, e devore dunha vez estos pesadelos; seguro que  cós  detritos pode facer agasallos a algúns dos seus cómplices .

           Paso de respetuoso saúdo, non o merece!

             Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario