Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 1 de junio de 2013

A VIAXE

"¿ y si no hay viento?
Pues habrá que remar".

                       ( "El canto de la tripulación " de Carlos y Alberto García Alix)


Non importan as viaxes que fixeras, nin cantas veces prepararas a equipaxe porque cada viaxe é o primeiro e cada maleta única.
O importante é non esquecer o preciso; honestidade e xustiza como te ensinaron , para que cando na vida  te enfrentes có espello sexas quen de miralo.
Se queres que non pese a maleta non lle metas traxes emprestados, nin palabras baleiras; pesan moito e quizais non pasen os controis do verso.
Non renuncies aos afectos nin a autenticidade
son remos necesarios para que non nos leve a oleaxe.

                       Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario