Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 2 de junio de 2013

A poesía de Branca Novoneyra, ademáis de calidade formal, ten a intensidade e a frescura de quen non se amedentra cós riscos do camiño.

                                 NO PARQUE

Arrasada pola calor e o po
subo as escadas amarelas
Dende certos ángulos
podo borrar o abandono
a fonte seca
os balcóns abrasados
Debaixo das rubideiras
oculto a mirada
nas macetas colgantes
Só o bruído non desaparece
e unha corrente fría debilítame
Non quero deixar
o meu lugar debaixo das pérgolas
non quero erguerme
e aspirar o po
/o parque non pecha pola noite
                                            Poderiamos volver mañá?


                Branca Novoneyra.( Dentro do Labirito)

No hay comentarios:

Publicar un comentario