Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 15 de junio de 2013

A OUTRA ORELA

Miñas donas como anda hoxe o Patio!
Non gasto moito tempo, e ademáis non sabería , en contestar ! Velaí o gran  interrogante! A morte.
É a única certeza que temos; o paso á outra orela. En que forma, e coma vai ser a viaxe nin p...idea! E ademáis que máis da. Eso sí que sexa curto, que o barqueiro sexa amable e no me cobre moito sufrimento.
De cando en vez xogo coa idea, como si quixera desdramatizala.
Este é un deses momentos:

o tempo batendo
entre a caída
e o voo

na orela remaban
a ola
e un adeus

         Ana López
Foto:Fernando Barbeyto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario