sábado, 15 de junio de 2013

EU ? NON

Quizabes sexa unha rareza e xa non lembro se desde sempre ( porque nacín algo destemida ) ou foi unha evolución, En tal caso, fai moito que non temo á morte, si ao sufrimento,  que son cousas diferentes pero para iso, hoxe, tamén hai solución.

Recoñézome coma unha chispa de enerxía que se acendeu entre dúas nadas que poden ser milenarias, seguindo una longa evolución (creo que aínda gardo en min latexos de ameba) e que non sei se se prolongará en consciencias máis elevadas noutras órbitas do ser. Tampouco me preocupa.
Sei que a enerxía non se crea ............., todos o sabemos. Polo tanto poderemos ser un outro. Dáme o mesmo.
Un día morreume un pato e no mesmo campeiro incinereino. Senteima á beira para observar o proceso e cavilar: ao final xa non tiña pato pero tiven outra cousa: calor, luz, fume, efluvios e cinzas das que nacerían, seguro, herbas e quizabes margaridas.
Para min somos procesos efímeros que acontecemos nun período nanomilesimal, como partículas integradas que toman certa conciencia de si mesmas e se desvanecen e desintegran coa mesma velocidade nun universo inconmensurable.
Que máis sucederá se algo sucede ? Non o sei nin me preocupa.
O que si sei é que antes de existir, non existía, e nada pasaba.
Eu ? non.
gema, 15-06-13

No hay comentarios:

Publicar un comentario