Se ha producido un error en este gadget.

martes, 11 de junio de 2013

INTERROGACIÓNS

canto sol
acende un novo día 

canta néboa
pode envolver a tarde

cantas estrelas
acompañan a noite

en qué lúa
se enxendraron os soños

canto amor
entregamos con un bico

cantos adeuses
esperan un abrazo

canta dor
esvara nunha bagoa

canta perda
pode escribir o tempo

cantos latidos
percorre a soedade

en qué espello
se reflicte o misterio

cantas praias
se converten en cinza

cantas palabras
fican no silencio...

                       Ana López

1 comentario: