Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 29 de julio de 2012

O ASOMBRO COTIÁ

Abrir a ventá despois do derrube das murallas do sono e sentir toda a forza de toda terra, todo o ceo e todo o mar a percorrer as veas.
A música do mar non é a mesma de onte, nin a escuma. Coller hoxe nel a mellor vaga e ascender á súa cresta para baixar bébeda de sal polo seu ventre liso e verde ata bicar a area da praia tépeda e solitaria do oasis.
Observar como a raíña dos ingleses aquelaba as uñas mentres desfilaba a súa fachendosa delegación de atletas vestidos coma Principiños.
Xogos Olímpicos, Oh- limpia – das ¡¡¡¡ lixadas con tres ducias de paises en guerra nas que non gañarán os mellores, seguro, segurísimo.

E por se fora pouco ( que non gañamos para sobresaltos ), cando tiñamos todo sabido sobre pirámides, deuses, momias e demais, aparece o novo misterio das pirámides bosnias ....

Navegar, cada día, demoradamente, sobre o contradictorio pracer do ASOMBRO e o AMOR,
que vén a ser o mesmo.....
gema,29-07-12
Imaxe Google

2 comentarios:

  1. Encántanme os teus comentarios, sintese de poesía, realidade e crítica social. Xeniais!!!
    E...Seguimos a navegar cada día entre ondas de escuma que agarima e bica e area que ás veces fire e manca...

    ResponderEliminar
  2. Grazas Conchirritiña por loubar as miñas loucuras..

    ResponderEliminar