Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 9 de julio de 2012

EN SERIO

Moi en serio:
Non sei serán estas nubes grises as que me traen estes pensamentos tan grises e estas preguntas tan raras.....
Onte a noticia do día era que o presidente do goberno reentregou o desaparerido e codiciado Código Calixtino.
A nova de hoxe é que atoparon agochados nalgún outro buraco 600.000, seiscentosmil.... O pobo non sae do seu abraio: cacho ladrón ¡¡¡¡¡
Pois mira se eu son revirada que a min dáme por pensar:
Cacho empresa ( chámese institución cristiana), que por un pequeno afluente despistado, gotea día a día tal millonada...
Cal sería, pois o caudal da corriente principal para non notar a filtración? Ou serán parvos? Ou serán cómplices?
SI, rotundamente porque unha comunidade cristiana non pode nadar en augas tan abondosas mentres centos, milleiros de irmáns, morren de inanición a cotío.
gema, 09-07-12

1 comentario:

  1. En serio, Gema, os teus comentarios deberían estar nos xornais. Ademáis de atinados, teñen "aquilo" de retranca que os fai inigualables.

    ResponderEliminar