Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 7 de julio de 2012

O OLLO QUE TODO O VE


Desde a miña crédula e tenra infancia sufrín un medo infernal a ir ao inferno, valla a redundancia.
Na Enciclopedia de Álvarez viña retratado coma o mapa de España,o ollo triangular de Deus que todo o vía, estiveras onde estiveras, mesmo o que pensabas, e se pensabas mal (eu non sabía o que era pensar mal, cousa que empeoraba moito a situación), tamén podías ir ao inferno. Pecábase por acción, obra ou omisión. Ou sexa, que pecabas seguido e Deus a vixiarte arreo…
Custoume noites de desacougo ter pecado tan gustosamente, encima, con algún ósculo incendiario que se tiña que interrumpir abruptamente tan pronto recobrabas a conciencia, porque aquilo,aquilo, era pecado mortal e se non tiñas a dicha de superar a noite para irte confesar á mañá seguinte, podías arder eternamente naquelas lapas xofradas do inferno.
TERRIBLE, verdadeiramente, terrible….
E agora ven ser que dunha das máis importantes catedrais do mundo enteiro, rouban unha xoia da arte mundial, máis bandexas, un millón de euros, e picos …… e palas…… e o ollo que todo o ve, non mirou nada; o fillo, despistado a saber en que; e a pomba, ou sexa, o espírito; porque son tresenuno, non ven nada.
Home, merdadefé, a isto chámaselle FRAUDE, mala leche ou o que sexa … Porque a estas alturas, véñome enterar , merdadefé, de que o ollo que todo o ve, non mira nada pois senón sabería de sobras o da catedral, non si?
 A boas horas mangas verdes. A ver quen me resarce a min de todo o que deixei de facer pensando que me miraba aquel ollo...
gema,07-07-12

1 comentario:

  1. Moi bo Xemiña.
    A última pregunta fíxenma eu moitas veces... e aínda ma fago. Sabes? Non ten resposta. O único que podo facer en "desagravio" a tanta abstinencia de todo o bo que nos ofrecía a vida e a tantas suores nocturnas provocadas polo medo ao inferno é verme liberada dese terrorífico ollo. Xa sei que agora non prestan tanto algunhas daquelas "cousas prohibidas"...Pero é o que queda...

    ResponderEliminar