Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 9 de julio de 2012

Cadeas de loucura


"...entre labirintos de cadeas arroibadas"
                
Busco camiños novos
entre labirintos
de cadeas arroibadas
para que os meus pés
non se espiñen
sobre  a raíz do delirio.
Busco oasis de cordura
para deitar os soños
lonxe dos mapas da rutina.
Procuro buratos de luz
para fuxir  das fantasmas,
pero as mans quedan inmóbiles
entre  arames de loucura
tecidos con elos,  agochados
nunha insua de cores ocres.
Racho cos dentes
códigos de incerteza
e bato coa irregularidade
de xeometrías que sangran
clips de incesantes medos,
tortura da miña pel descalza.


 (Foto Propia)

3 comentarios:

  1. Tia, que boa es. Con razón estás na antoloxía de poetas galegos

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Grazas Xema. Despois dos teus comentarios "levito"...
    Grazas por esos ollos e ese corazón de amiga.

    ResponderEliminar