Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 1 de abril de 2012

HOXE CHEGARON AS ANDURIÑAS: 01-04-12


O sabor dos teus bicos. Unha boa conversa. Fluír. Abandonarme na miña galaxia paralela. Perderme entre a moitedume dunha gran cidade. Sentir o frío da montaña. Respirar fondo. O remol da amizade verdadeira. Fallar, equivocarme e saber rectificar. Toparche. Conseguir gozar do presente cada día. Saber perdoar. Un baño en altamar. Sentirme minúscula na inmensidade. Facerme enorme nas caricias. Durmir no deserto. Notar o lume do teu corpo. Os espárragos silvestres. Canalizar o medo. Rir ata chorar. A luz e a escuridade. Viaxar sen día de retorno. Volver á casa.........”


No hay comentarios:

Publicar un comentario