Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 9 de abril de 2012

POIS EU TAMÉN


Eu son Lela, unha cadeliña caniche, guapa, ben parecida, Gema díme que nos parecemos por aquilo de que os amos e os seus cans sempre se parecen. Seguro que pretende parecerse a min.

Como me entero de todo o que pasa na casa e por outro lado, ela misma mo confirmou, faltoulle tempo, ela... é Inés, a lora, unha lareta que de contadiño me dixo que fora ao patio. O que é ela : unha cotilla de pacotilla, fachedosa larapeta, cacarexa todo o día pero non pon un ovo, non.

Indiscutiblemente eu son a raíña da casa e así me tratan. Adoro aos meus amos, aos dous pero sobre todo a Gema porque é elemental coma min, disfrutamos de moitas cousas comunes, entendémonos sen falar, compartimos mantas, olores, sillón...

Debo recoñecer no máis profundo do meu ser, para os meus adentros, que son algo ciumenta. Inés jódeme bastante.... Por iso quero vir ao patio. Eu tamén. E logo?

Lela, 09-04-12

No hay comentarios:

Publicar un comentario