Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 18 de abril de 2012

CANTOS RODADOS- DELICIAS DA MADUREZ



A badía, de tan pequena e bonita é un recuncho feito polo mar e as fadas. Sedosos cantos rodados de todos os tamaños e colores, ao fronte o horizonte aberto que se perde no infinito. Catedral da música do mar onde o tempo non transcorre, demórase nas mans do aire que non se move.

As altas  paredes color azafrán son un fortín inexpugnable para calquera pirata que ouse pisar o colar de pedras redondas. Como único acceso unhas diminutas escaleira escarvadas na terra avermellada, para subir ou baixar só de un en un, feitas á diminuta medida dos pés dos nenos .
Todo está deseñado como para mirar cos dedos e escoitar cos ollos, ese vento que se converte en luz, nun momento, nese  intre indeciso entre o sono e a vixía, no que non se sabe se este lugar existe ou só se leva dentro. De existir, precisa un nome que aínda está por escribir.
   gema, 18-04-12





No hay comentarios:

Publicar un comentario