PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
lunes, 19 de mayo de 2014
domingo, 18 de mayo de 2014
O abismo branco ( unha visión do cadro " O bosque do abismo blanco " de Isabel Pintado )
Detéñome sempre ás portas do bosque
no colo dourado das mimosas;
é perigoso camiñar descalza !
O chan está estrado de toxos,
follas secas dos piñeiros,
espellos escachados,
coroas de loureiro,
as follas arrincadas dun caderno,
a cuberta mollada dun libro por abrir,
a plumaxe esgazada dun paxaro
que non puido voar...
Chaman por min a luz dun vidueiro,
as fadas que viven nos carballos,
a mazá que recolle as bagoas do salgueiro
No branco abismo da memoria
na póla do amieiro
canta o merlo.
Ana López
no colo dourado das mimosas;
é perigoso camiñar descalza !
O chan está estrado de toxos,
follas secas dos piñeiros,
espellos escachados,
coroas de loureiro,
as follas arrincadas dun caderno,
a cuberta mollada dun libro por abrir,
a plumaxe esgazada dun paxaro
que non puido voar...
Chaman por min a luz dun vidueiro,
as fadas que viven nos carballos,
a mazá que recolle as bagoas do salgueiro
No branco abismo da memoria
na póla do amieiro
canta o merlo.
Ana López
sábado, 17 de mayo de 2014
viernes, 16 de mayo de 2014
NO EIDO DAS NOSAS VERBAS
LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS TRISTES
LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.
Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.
Todo bruído sin nome é un agoiro
Uxío novo N.
miércoles, 14 de mayo de 2014
17 DE MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS 2014: Xosé María Diaz Castro( 1914 - 1989)
Fillo de labregos naceu en Vilariño, concello de Guitiriz en 1914 e finou en Lugo en 1989 . Aprendeu as primeiras letras na escola ,e en 1929 ingresa no seminario de Mondoñedo ainda que non chegaría a ser crego. Estuda Latin e Humanidades e máis tarde Teoloxía. No seminario confírma a súa vocación de escritor.
Foi traballar a Madrid, onde pasa moitos anos como traductor, coñecía todas as linguas europeas.
No ano 1961 ve a luz o seu único libro Nimbos.
A súa poesía recorre a paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a realidade do país.
Quizais sexa este fermosisimo poema o máis coñecido:
PENÉLOPE
Un paso adiante, e outro atrás , Galiza,
i os teus sonos non se moven.
A espranza nos teus ollos se esperguiza
aran os bois e chove.
Un bruar de navios moi lonxanos
che estrulla o sol coma unha uva.
Pero ti envolveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algun día
a xente que levaron, Deus é o mesmo
Suco vai e suco ven, Xesús María,!
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono
un paso adiante i outro atrás , Galiza.
Xosé María Diaz Castro.
Foi traballar a Madrid, onde pasa moitos anos como traductor, coñecía todas as linguas europeas.
No ano 1961 ve a luz o seu único libro Nimbos.
A súa poesía recorre a paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a realidade do país.
Quizais sexa este fermosisimo poema o máis coñecido:
PENÉLOPE
Un paso adiante, e outro atrás , Galiza,
i os teus sonos non se moven.
A espranza nos teus ollos se esperguiza
aran os bois e chove.
Un bruar de navios moi lonxanos
che estrulla o sol coma unha uva.
Pero ti envolveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algun día
a xente que levaron, Deus é o mesmo
Suco vai e suco ven, Xesús María,!
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono
un paso adiante i outro atrás , Galiza.
Xosé María Diaz Castro.
TODA UNHA VIDA DE LETRAS GALEGAS
NA OUTRA BANDA
Na outra banda dixéreonme
os vellos vanse convertindo en arbres
vellos tamén sin follas na cara do sol
agardando sin saber o qué
mudos.
Pro súpetamente un arbre calisquer
sinte rubir dentro del a seiva dun soño
beira da morte xa pro aínda
morno como o leite da nai.
O soño vai rubindo polas veas do arbre
unha vida enteira que pasa
ate facerse paxaro nunha ponla
un paxaro que recorda canta e vaise
denantes de que todos os arbres morran.
Si eu me fago arbre vello na outra banda do río
e me toca ser o arbre que recorda e soña
ben segura podes estar de que soñarei contigo
cos teus ollos grises como a alba
e coa tua sorrisa
coa que se vestiron os beizos das roseiras
nos días máis felices
os vellos vanse convertindo en arbres
vellos tamén sin follas na cara do sol
agardando sin saber o qué
mudos.
Pro súpetamente un arbre calisquer
sinte rubir dentro del a seiva dun soño
beira da morte xa pro aínda
morno como o leite da nai.
O soño vai rubindo polas veas do arbre
unha vida enteira que pasa
ate facerse paxaro nunha ponla
un paxaro que recorda canta e vaise
denantes de que todos os arbres morran.
Si eu me fago arbre vello na outra banda do río
e me toca ser o arbre que recorda e soña
ben segura podes estar de que soñarei contigo
cos teus ollos grises como a alba
e coa tua sorrisa
coa que se vestiron os beizos das roseiras
nos días máis felices
martes, 13 de mayo de 2014
lunes, 12 de mayo de 2014

Quizá encontres o amor da túa vida. Triunfa, por fin. A felicidade nunha estación con vistas ao mar duns ollos negros, marróns, verdes, azuis Celta. Abrazos no cuarto da risa do pasado. Quizá encontres en calquera ceo, o ceo. E os infernos sexan alucinación. Se casualmente dás co amor, a felicidade, os abrazos, non deixes de escribirme. Comunícate comigo. Precisamos sumar ilusión esta primavera. Facérmonos adictos ás boas noticias. Desterrar o desconsolo, desengano, aflición e tormento. Encerrar a decepción. Se casualmente encontras unha voz que ilumine, e unha luz que escriba sonatas de xílgaros pía piando, e uns versos debuxados con carmín nas aristas da lúa, avísame. En ocasións penso que buscamos demasiado, corremos demasiado, que perdemos unha parte da vida na procura de soños que non chegan. Deixa de buscar, procurar, correr. Espera sen esperar nada a cambio. Entrégate. Pensa nos outros. Se casualmente tocas o sol e non queima, comparte a calor: o mundo está pasando tanto frío. Se casualmente chegas ao paraíso, guasapéame (a min, que non teño guasap). Cóntame como é o edén: crema, chocolate, algodón, licorcafé. Dime que si, que existe un lugar onde a xente non sofre padece resígnase soporta. Onde a enfermidade é mentira: falaz zozobra, angustia, temor. Onde o rancor non ten quen lle escriba. Se casualmente pensas que existen os amores eternos, confesa cómo é posible. Remíteme sinais de fume, en son de paz, e cóntame o segredo. Se casualmente tes unha destas columnas recortadas, conxúrate contra o infortunio. Se casualmente resistes, non resistas máis. Triunfa, por fin.
x. c. caneiro.
domingo, 11 de mayo de 2014
O MARMURIO DO BOSQUE de Takeshi Shikama no MAC entre o 8 de maio e o 12 de outubro: a serenidade de Oriente sobre a delicadeza artesanal do papel Gampi.
Érase unha vez un home que escoitou o latido do bosque da man da súa dona nunha casa de madeira lonxe do ruído dunha gran cidade...
Paga a pena ver a exposición .
!!!ANDANDO!!!
Ana López.
Paga a pena ver a exposición .
!!!ANDANDO!!!
Ana López.
EUROVISIÓN 2014 - MÚSICA - ESPECTÁCULO - PROVOCACIÓN ??????
Érgome hoxe co sabor da incertidume
nas papilas.
Coido que a partires desta madrugada
nada será igual. Conchita introduciu no espectáculo de Eurovisión
un novo xénero que aínda que non fora descoñecido non estaba
representado abertamente como oficial.
A min, que non me considero moi
conservadora, produciume bastante desconcerto visual coordenar unha
melena tan longa, cunha barba tan longa, un vestido tan longo e un
pene tan curto, seica...
Será, logo, chegado o tempo do xénero
andróxino xa anunciado por algúns visionarios escritores.
Eu, de momento, onde vexa unhas tetas
penso que hai unha muller e onde vexa un paquete penso que hai un
home e que non me toleen¡¡¡¡¡¡
gema
O gato
Tensa o arco no ollo do lume
miaña ó redor da caveira do medo
agatuña polo lombo do misterio.
Ana López.
miaña ó redor da caveira do medo
agatuña polo lombo do misterio.
Ana López.
sábado, 10 de mayo de 2014

O home serea mírame desde a profundidade dun abismo sen auga. El está alí, pousando descarado, coa expresión inmutable do que non pode ser.
Téntame para que coma a mazá que sostén entre os dedos, xa mordisqueada por algunha Eva que se extraviou nos meandros dun paraíso.
Mordela, mentres o miro e me míra o home sirena, aínda que o meu auténtico desexo é sacarlle parte do peixe a dentadas, coma se fose a froita.
Pero as escamas son duras como diamantes. Entre os meus dentes rotos vaise coando sangue e seme. Cando estou por tocar o ceo, el detenme cunha mirada oblicua.
Resignadamente sigo coa mazá, baleirándoa da pouco, como se quixese baleirar ao home serea.
Mirella S.

viernes, 9 de mayo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




