Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 6 de febrero de 2012

Reflexións no gume da madrugada



A noite é un río de silencio polo que transita inmóvil o tempo... Ao lonxe escóitanse os ruídos apagados dos coches, de cando en vez unha porta que renxe. Pasos descontinuos deixan pegadas nos lugares desertos da memoria. Os latexos do corazón marcan o centro de cada hora e os pensamentos semellan flotar entre a respiración das paredes. A soidade é un sol pequechiño que se acocha tras os límites do corpo e acaríñame a pel, porque hoxe descubrín a alguén que coñecía fai moito tempo e a súa tenrura fixo niño no meu peito... Iso é neste intre o meu deus... Mañá pode ser o amigo que camiña ao meu rente, o que ri conmigo, a man estendida ao borde do abismo, ou unha bágoa nas meixelas da dor...
O outro, o Deus que se escribe con maiúscula "es la necesidad humana de tener un interlucutor en el misterio" di Javier Sanz e eu prefiro que os meus interlocutores sexan as persoas ás que amo. Eles son os meus compañeiros de viaxe, están aí cando os preciso e o outro, o Deus con maiúscula "siempre llega tarde a las catástrofes, siempre queda sepultado en los terremotos" volvo citar a Javier Sanz.
"Existe Auswichtz, no existe Dios” escribe Primo Levi. Así que agora , antes de me deitar , vou rezar á tenrura que acabo de descubrír en alguén. Ese será hoxe o meu deus entre os homes.

(Foto propia)

3 comentarios:

  1. Esta é a miña Concha, carajo....
    Pero escribindo así como se ve,por que está en silencio e non nos contou antes que ten un "un sol pequeniño"?
    Preciosa ¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. La gata sobre un tejado de barro poético. Dentro una chimenea que humea, caldea el corazón y agranda el sol hasta el orgasmo. La gata recita prosa én su climax.
    ¿es así?.
    Angela

    ResponderEliminar
  3. Grazas amiguiñas polos vosos comentarios. Agradézovolos moito. Pero tedes a mente un pouco calenturienta.unha co de que teño un sol pequechiño ( que no é o que digo esactamente)e sobre todo ti Angelita, así que vos vou deixar coa dúbidada , anda...para que sigades elucubrando...

    ResponderEliminar