Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 17 de febrero de 2012

ANIMACIÓN Á LECTURA


«Era el mejor de lostiempos, era el peor de los tiempos, la edad de la sabiduría, y también de lalocura; la época de las creencias y de la incredulidad; la era de la luz y delas tinieblas; la primavera de la esperanza y el invierno de la desesperación».Dkens.

Era o mellor dos tempos, era o peor dostempos, a idade da sabiduría, e tamén daloucura; a época das crenzas e da incredulidade; a era da luz e das tebras; aprimavera da esperanza e o inverno da desesperanza, da opulencia e a sordidez convivindo ao mesmotempo dentro do mesmo corpo, no mesmoespazo, coma dous núcleos na mesma célula.
Podía parecer , a historia de dúas cidades, pero era amesma, sobrevindo unha baixo a outra.


A opulencia e aluxuria do luxo, a ambición e o poder erguíanse cada vez máis obscenos ante adiminuta mirada de opacas criaturas,moitas pequenas opacas criatura que formaban unha masa informe á deriva entreos sumidoiros, os refugallos que os alimentaban, sobras de supermercados e desperdiciosvarios. Á sombra da pirámide reptaban, máis que andar. Coas mans caídascomo de marioneta, paso canso de non facer nada, miradas apagadas de mirar ochan e uñas negras de rañalo.
Na cúspide o PODER, impoñentecoma un cíclope, omnímodo.
Os da cúspide foran os que lles venderan os coches,os electrodomésticos, as súas casas…….., feitas de cartónpedra, que agora lles desafiuzaba porprocedementos legais, por seren morosos, cobizosos: se non podían aspirar a unhavivenda para que a mercaran? – Frívolos inconscientes. Fixéranlles perder unhachea de capital a persoas tan respectables e ocupadas”.
A base, a gran base da pirámide, non entende desas cousas. "Son moitísimose hai que guialos en rebaño, indicándolles o que deben pensar, crer, votar,consumir, ata que punto, cando…… senón son incapaces. En realidade sempre foiasí e debe seguir sendo para ben de todos.”
Iso está inscrito dende a noite dos tempos na natureza: o primeiro homuserectus que agarrou un pau, fìxose coa banana. Non hai volta !!!!!


Algúns elementos da base albiscaron un fío de luz na sombra: animáronse econvocaron xuntanzas solidarias coma colonias de insectos gregarios. Berraronconsignas, ergueron os brazos, as cabezas e os ollos pero as súas voces tanembaixo estaban que non chegaron á cúpula que ademais estaba insonorizada,blindada e protexida por se ás veleidosas masas un día lles dá….. Nunca se sabepor que….
Tanto tempo se mantivo a situación que pouco a pouco a masa que vivía na parte escura, entre osdetritos e mexos de gatos, afeitos a ser manexados e esmagados evolucionaroncoma todas as especies, botaron unexoesquelete para protexerse do medio, afixéronse a sobrevivir sen traballo,sen consumir nada porque o trueque xa deixara de funcionar e a moeda posuíanatoda os da cúpula que claro está, non lles valía para nada. Pasóuselles ese detalliño:se acaparaban todo, todo, é coma se non tiveran nada, nada
Así comezou, mellor dito, así acabou a historia das dúas cidades, nunhamesma, unha derriba da outra……….
Os de arriba, cegos de ambición, pensaron que non facían falla os de abaixo,esqueceron que eran a base. Craso erro:
Sobreviviron os de abaixo, curtidos mutantes, afeitos a todo, ata asobrevivir sen nada.


Parecían dúas cidades pero era unha soa, unha simbiose parasitaria na que odepredador subestimou a resistencia da base.
gema, 14 – 02 - 12


1 comentario:

  1. Pola linguaxe empregada semella unha historia de ciencia-ficción, pero o que ven sendo o teu relato é unha crónica da nosa sociedade actual, un retrato con algunhas pinceladas case surrealistas que reflicte a nosa realidade.

    ResponderEliminar