Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 17 de febrero de 2012

CAFÉ SÓ

ANABEL ALONSO naceu nas Pontes e tras a paréntese dos seus estudos volveu á vila onde traballa como bibliotecaria na Biblioteca Municipal. É membro de varias actividades e grupos culturais. Alma
mater do grupo poético ALALÁ, e sobre todo amiga.
" Café só. En cunca, en vaso de nocilla, con azucre e conversa. Ou amargo coma a vida.
O baleiro. As esperanzas. O mundo ao outro lado do teléfono.
Café. E soa. Eo tempo a pasar...."

Arredor deste CAFÉ SÓ xuntámonos onte na Fundación Alexandre Bóveda, ás 8´30 do serán, un bo grupo de amigos e seguidores de Anabel. Presentounos o su primeiro libro de relatos curtos unidos todos polo aroma do café. Entre sorbo e sorbo leu algún dos contos, a modiño, con sabor a amizade, lembranzas e materia viva.
Pabéns, Anabel, só é o primeiro.

1 comentario:

  1. Foi xenial acompañar a Anabel e ao mesmo tempo, finalmente, reverte Gema. Agardo que non volvamos a pasar tanto tempo sen vernos. Biquiños amiga!

    ResponderEliminar